Páginas del Blog

jueves, 4 de octubre de 2018

8 de outubro: Día da Ciencia en Galicia

Como ocorre dende o ano 2008 a RAG (Real Academia Galega) celebra o Día da Ciencia en Galicia
Dende o ano 2008, data en que se iniciaron as celebracións, os seis científicos homenaxeados foron:
O Día da Ciencia en Galicia celébrase o 8 de outubro porque nesta data se conmemora o nacemento do Pai Benito Jerónimo Feijóo Montenegro, promotor indiscutible da Ciencia nos seus primeiros momentos.
O ciéntifico galego 2018 é D. Domingo Fontán matemático e xeógrafo galego. Coñecido pola elaboración da Carta Xeométrica de Galicia , o primeiro mapa topográfico e científico de Galicia. Do que se conservan varios exemplares en diferentes lugares de Galicia
Retrato de Domingo Fontán pintado por Antonio María Esquivel
Domingo Fontán (wikipedia)




No ano 2012 o reporteiro brasileiro Vítor Hugo Brandalise, desenvolveu o proxecto no que seguiu os mesmos pasos de Fóntán vai case 200 anos. O seu proxecto quedou recollido no blog El primer rostro de Galicia.

Fragmento do programa da TVG Historias de Galicia adicado a Domingo Fontán.
Capítulo 18 do programa Historias de Galicia: As causas das cousas (32 min) onde fala de científicos galegos Domingo Fontán (matemático e xeógrafo...duración min 2-12), Cruz Gallastegui (veterinario, enxeñeiro agrícola, xenetista, horticultor), Ramón María Aller Ulloa (astrónomo).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

2019: Año Internacional del a Tabla Periódica de los elementos

El próximo año 2019 fue declarado Año Internacional de la Tabla Periódica de los Elementos Químicos al conmemorarse el 150º aniversario de ...